Os Tinglados

Os Tinglados

Unha ruta polos últimos Tinglados realizados.

Vigo

Durante o nadal do ano 2024, os días 21 e 22 de decembro, realizouse un Tinglado no edificio do Tinglado do Porto de Vigo. 
As datas foron clave, xa que co Tinglado puidemos aportar unha opción de consumo consciente e sostible de cara aos agasallos do nadal, onde 88 persoas puideron darlle unha segunda vida aos obxectos e prendas que tiñan por casa sen utilizar. 

Ferrol

Os días 15 e 16 de marzo do ano 2025, a Sala Curuxeiras de Ferrol converteuse no escenario do Tinglado, onde 60 participantes puideron darlle unha segunda vida aos obxectos e prendas que tiñan en desuso, sen necesidade de intermediarios e coa cercanía das persoas. 

A Coruña

Os pasados 17 e 18 de maio de 2025, o Palexco, na Coruña, acolleu o Tinglado con máis participantes ata o día de hoxe. Un total de 140 persoas puideron expor todas as prendas e obxectos que xa non usaban e darlles unha segunda vida ao vendelos de xeito directo aos visitantes interesados. 

Pantín

O Tinglado volve a Pantín, dentro da programación da competición internacional de surf Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2026.

Como funciona?

Poremos á vosa disposición un espazo no que poder deixar os vosos artigos expostos, ao que se achegaran as persoas interesadas.
Cada artigo marcarase cun código numérico único para identificalo.
A transacción realizarase a través dun bizum da persoa interesada ao vendedor/a, e só se poderá retirar o artigo unha vez se reciba a confirmación do abono.

Queres participar?

Se queres traer as túas cousas e montar un bo tinglado, rexístrate no formulario, contacta con nós a través do noso teléfono 699 526 341 ou vía correo electrónico a info@otinglado.gal

Pontevedra

O primeiro Tinglado de 2026 congregou na Boa Vila o 21 e 22 de febrero a un cento de persoas vendendo os tesouros agochados nas súas casas, ademáis dos centos de persoas visitantes que se achegaron á Sede Afundación para participar no mercado sostible, demostrando a crecente aposta social por un modelo de consumo máis sostible e circular.

Santiago de Compostela

A última fin de semana de maio do 2026, O Tinglado chegou a Santiago de Compostela. Dous días nos que o Centro Comercial Área Central acolleu a 160 persoas expositoras (80 por día)
e no que máis dun milleiro de persoas puideron descubrir pezas únicas ás que darlle
unha nova vida.