Dudas
e consultas
Se tés máis dúbidas, podes consultalas nos seguintes medios:
info@otinglado.gal
699 526 341
Que criterio se emprega para a asignación de praza?
A adxudicación de espazos será por rigorosa orde de recepción dos formularios.
Teño un comercio/fago pezas de artesanía, podo participar vendendo os meus produtos?
Non, O Tinglado está destinado únicamente a particulares. Ao chegar ao recinto, todas as persoas vendedoras (“Expositores”) deben asinar unha declaración responsable conforme son particulares e non comerciantes profesionais.
Podo levar colgadoiros, estanterías ou algún outro elemento expositivo engadido aos que aporta a organización do Tinglado?
Non, como medida para lograr a máxima equidade entre todas as persoas vendedoras só está permitido empregar os elementos expositivos que aporta a organización (unha mesa e un colgadoiro).
Teño que levar as miñas perchas? E as bolsas?
Sí, cada persoa vendedora debe traer as súas propias perchas e, aínda que dende a organización aportamos unha cantidade simbólica de bolsas coa gráfica do Tinglado, recomendamos que traiades máis porque se esgotan rápido.
Apunteime para vender, pode ir alguén por min?
Neste caso, debes informar debidamente á organización a través do mail info@otinglado.gal e aportar os datos que solicitemos da persoa que te
sustitúa.
Quero cancelar a miña participación como Expositor/a, podo facelo?
Claro, envía un mail a info@otinglado.gal ou chama ao 699 526 341 e cóntanos a túa incidencia para poder deixar o espazo para a seguinte persoa da lista de espera.
Que fago se me quedan cousas por vender?
Debes deixar o espacio baleiro á hora de peche sinalada, a organización non se fai responsable dos obxectos que non se vendan
Podo pasar co meu can?
Só está permitida a entrada a cans de tamaño pequeno e no colo, nunca no chan (ao tratarse de obxectos de particulares, poden ocorrer problemas relacionados con alerxias, …).
Canto tempo teño para colocar as miñas cousas dentro do espazo que se me asigne?
Disporase dunha hora antes para entrar e preparar o stand e, unha vez pechado ao público, poderán desmontar cómodamente.