Descobre tesouros únicos
Mercados circulares entre particulares por toda Galicia
O Tinglado está transformando Galicia nunha comunidade máis sostible.
Un mercado, de balde e aberto para toda a cidadanía que se achegue a consumir sensible, á economía circular e ao intercambio de obxectos entre particulares.
Qué é O Tinglado
O Tinglado é un mercado circular entre particulares de artigos de segunda man impulsado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, co obxectivo de crear iniciativas e espazos para transformar a nosa economía lineal.
Unha iniciativa para dar unha segunda vida aos obxectos e prendas que temos na casa en desuso, unha forma de consumo de cercanía que busca potenciar a reutilización e o coidado do medio ambiente.
Trátase dun proxecto que nace coa idea de aportar á cidadanía galega un espazo de compra-venda cun modelo máis circular, consciente e que busque alongar a vida útil dos obxectos/prendas que xa temos no noso día a día.
Un mercado, de balde para expositores e aberto para toda a cidadanía que se achegue, que será o lugar ideal para atopar pezas únicas como roupa, libros ou artigos de decoración, ao tempo que lles damos un novo uso a obxectos que xa non se utilizan ou que pasaron a un segundo plano.
Como funciona?
Unha vez se confirme unha edición do Tinglado, anunciaremos a través dos nosos
canles oficiais de comunicación a apertura do prazo de solicitudes e, a través da
nosa web, poderás cubrir un formulario para solicitar praza.
O acceso é gratuito tanto para vendedores (“Expositores”) como para
compradores. Unha vez remate o prazo, recibirás unha confirmación no teu correo electrónico,
tanto si consegues praza no Tinglado como se non.
Economía Circular
Transformamos a economía lineal nunha economía circular e sostible
Consumo de Cercanía
Potenciamos a reutilización e as relacións entre a veciñanza
Totalmente Gratuito
Acceso libre para persoas expositoras e visitantes, sen custos
