Os Tinglados
Unha ruta polos últimos Tinglados realizados.
Vigo
Durante o nadal do ano 2024, os días 21 e 22 de decembro, realizouse un Tinglado no edificio do Tinglado do Porto de Vigo.
As datas foron clave, xa que co Tinglado puidemos aportar unha opción de consumo consciente e sostible de cara aos agasallos do nadal, onde 88 persoas puideron darlle unha segunda vida aos obxectos e prendas que tiñan por casa sen utilizar.
Pantín
O Tinglado máis distinto de todos, enmarcado na programación e no espazo da competición internacional de surf Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2025 e 2026.
Nel, os participantes puideron darlle unha segunda vida a centos de artigos relacionados co mundo do surf. Ademáis do mercado circular, leváronse a cabo os Faladoiros de Pantín, unha serie de actividades e charlas informativas relacionadas coa concienciación sobre sostibilidade, reutilización e a economía circular no mundo do surf.
Santiago de Compostela
A última fin de semana de maio do 2026, O Tinglado chegou a Santiago de Compostela. Dous días nos que o Centro Comercial Área Central acolleu a 160 persoas expositoras (80 por día)
e no que máis dun milleiro de persoas puideron descubrir pezas únicas ás que darlle
unha nova vida.