O edificio de AFundación en Pontevedra convértse no escenario perfecto para o “Tinglado de Pontevedra” os días 21 e 22 de febreiro. Un evento pensado pola Xunta de Galicia para fomentar o consumo sostible, a economía circular e o intercambio de obxectos entre particulares.
Este mercado, de balde para os expositores e aberto para toda a cidadanía, será o lugar ideal para atopar pezas únicas como roupa, libros ou artigos de decoración, ao tempo que lles damos un novo uso a obxectos que xa non se utilizan ou pasaron a un segundo plano.
21 e 22 de febreiro
Cubre o formulario que tes a continuación se queres participar como expositor.

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

 

- Esta iniciativa é só para particulares participando con artigos de segunda man

- A adxudicación de espazos será por rigorosa orde de recepción dos formularios

- O Tinglado proporcionaralles un espazo duns 2x2 metros e o mobiliario necesario para expoñer os artigos que desexen poñer á venda , así como bolsas para os produtos que se vendan

- O horario de apertura ao público será de 10:30 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h. Dispoñerase dunha hora antes para entrar e preparar o stand e, unha vez pechado ao público, poderán desmontar comodamente

- Se levan roupa deberán traer perchas para os colgadoiros que se lles facilitarán

- Uns días antes comunicarase a todos os rexistrados a adxudicación ou non dun espazo no evento

Para calquera consulta ou aclaración, o noso contacto é: infotinglado@gmail.com